ArteNoQueimado-26b

Arte en Vivo, Arte No Queimado. Fronte ao Marco (Vigo) 7/10/2018

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/10/07/grupo-artistas-reinterpreta-huellas-fuego/1975356.html

https://www.europapress.es/galicia/agro-00246/noticia-arte-andainas-musica-conferencias-vigo-no-olvidar-nunca-ola-incendios-octubre-2017-20181005120339.html

http://www.atlantico.net/articulo/vigo/arte-reforestar-montes/20181006232331671642.html

https://www.vigoe.es/vigo/local/item/24458-actos-ludicos-artisticos-e-formativos-para-non-esquecer-os-incendios-de-outubro-do-2017

IMG_2930

Arboreto do Monte dos Pozos

Escomenzamos o ano 2015 ca posta en marcha dun novo proxecto denominado “Arboreto do Monte dos Pozos”. Consiste na creación na ladeira do Monte dos Pozos dun espacio dominado por especies autóctonas singulares. O proxecto iniciouse grazas a doazón de 600 árbores, pertencentes a 12 especies distintas, por parte da Concellería de Parques e Xardíns. As especies que pretendemos incorporar o arboreto son entre outras o carballo anano, sobreira, capudre, freixo, bidueiro, abeleira, acivro, oliveira galega e ervedo.

IMG_2930IMG_2927

IMG_1904

APROBADO O PROXECTO DE AMOXONAMENTO DO MONTE POR GPS

Na última asamblea de outubro, os comuneiros de Valladares aprobaron o proxecto de amoxonamento do monte por GPS como paso previo á aprobación do novo plan de ordenación. Valladares utilizará de esta forma uns planos máis fiables e detallados no seu novo plan, que serán referencia no futuro para a parroquia e a Comunidade de Montes.

logo-Montes

SOBRE OS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN: O QUE TODOS DEBEMOS SABER

Logo de la Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Valladares - Vigo

SOBRE OS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN

- O QUE TODOS DEBEMOS SABER-

Ante a inquietude que nalgúns comuneiros/as xeraron as opinións (a maior parte das veces disfrazadas de pretendida información manifestamente falsa) aparecidas nos últimos meses sobre a naturaleza xurídica dos Montes Veciñais en Man Común, o seu destiño e aproveitamentos, temos que recordar a seguinte información:

Ler máis

logo-Montes

COMUNICADO DA XUNTA RECTORA SOBRE O ACCIDENTE CICLISTA DO 4 DE SETEMBRO

COMUNICADO QUE FAI PÚBLICO A XUNTA RECTORA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE VALLADARES, APROBADO NA REUNIÓN DA XUNTA RECTORA CELEBRADA O DÍA 8 DE SETEMBRO DOS CORRENTES

1º.- Dende a CCMM de Valladares, lamentamos profundamente o desgraciado accidente de bicicleta acontecido o pasado xoves no noso monte.

2º.- A Comunidade de Montes non realizaba traballos na zona do accidente, dende fai máis de un ano, e descoñece a forma en que se produxo a caída do ciclista e a orixe da pedra á que os ciclistas achacan ó accidente; se pertencía ou non o camiño de forma natural, ou en caso contrario quen puido colocala nese lugar.

3º.- Ningún clube ciclista se puso en contacto con esta directiva nunca para solicitar autorización ou notificarnos que usaban un circuito de descenso polo monte Alba.

4º.- Debido a que hai unha investigación policial en curso, non emitiremos suizos ou declaracións a maiores que poidan enturbiar un tema tan delicado a espera de que se esclareza o sucedido o antes posible.

 

A XUNTA RECTORA

 

 

 

IMG_2280

Apertura de prazos para a presentacion de proxectos apicolas e recuperacion do invernadoiro do Alba

Ata o 15 de setembro deste ano, queda aberto o prazo para presentar proxectos de aproveitamento apícola e para a restauración do invernadoiro do Alba. As bases as podedes descargar nesta páxina e podedes presentar os proxectos nas nosas oficinas do CVCV de Valladares ou via correo electrónico (cmv@montesvalladares.com). Enviarnos o voso CV e máis as ideas que querades desenrolar, e como involucraderíades a Comunidade de Montes no voso proxecto.

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS APÍCOLAS

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DO VIVEIRO DO MONTE ALBA