IMG_2930

Arboreto do Monte dos Pozos

Escomenzamos o ano 2015 ca posta en marcha dun novo proxecto denominado “Arboreto do Monte dos Pozos”. Consiste na creación na ladeira do Monte dos Pozos dun espacio dominado por especies autóctonas singulares. O proxecto iniciouse grazas a doazón de 600 árbores, pertencentes a 12 especies distintas, por parte da Concellería de Parques e Xardíns. As especies que pretendemos incorporar o arboreto son entre outras o carballo anano, sobreira, capudre, freixo, bidueiro, abeleira, acivro, oliveira galega e ervedo.

IMG_2930IMG_2927

logo-Montes

SOBRE OS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN: O QUE TODOS DEBEMOS SABER

Logo de la Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Valladares - Vigo

SOBRE OS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN

- O QUE TODOS DEBEMOS SABER-

Ante a inquietude que nalgúns comuneiros/as xeraron as opinións (a maior parte das veces disfrazadas de pretendida información manifestamente falsa) aparecidas nos últimos meses sobre a naturaleza xurídica dos Montes Veciñais en Man Común, o seu destiño e aproveitamentos, temos que recordar a seguinte información:

Ler máis

logo-Montes

COMUNICADO DA XUNTA RECTORA SOBRE O ACCIDENTE CICLISTA DO 4 DE SETEMBRO

COMUNICADO QUE FAI PÚBLICO A XUNTA RECTORA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE VALLADARES, APROBADO NA REUNIÓN DA XUNTA RECTORA CELEBRADA O DÍA 8 DE SETEMBRO DOS CORRENTES

1º.- Dende a CCMM de Valladares, lamentamos profundamente o desgraciado accidente de bicicleta acontecido o pasado xoves no noso monte.

2º.- A Comunidade de Montes non realizaba traballos na zona do accidente, dende fai máis de un ano, e descoñece a forma en que se produxo a caída do ciclista e a orixe da pedra á que os ciclistas achacan ó accidente; se pertencía ou non o camiño de forma natural, ou en caso contrario quen puido colocala nese lugar.

3º.- Ningún clube ciclista se puso en contacto con esta directiva nunca para solicitar autorización ou notificarnos que usaban un circuito de descenso polo monte Alba.

4º.- Debido a que hai unha investigación policial en curso, non emitiremos suizos ou declaracións a maiores que poidan enturbiar un tema tan delicado a espera de que se esclareza o sucedido o antes posible.

 

A XUNTA RECTORA

 

 

 

IMG_2280

Apertura de prazos para a presentacion de proxectos apicolas e recuperacion do invernadoiro do Alba

Ata o 15 de setembro deste ano, queda aberto o prazo para presentar proxectos de aproveitamento apícola e para a restauración do invernadoiro do Alba. As bases as podedes descargar nesta páxina e podedes presentar os proxectos nas nosas oficinas do CVCV de Valladares ou via correo electrónico (cmv@montesvalladares.com). Enviarnos o voso CV e máis as ideas que querades desenrolar, e como involucraderíades a Comunidade de Montes no voso proxecto.

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS APÍCOLAS

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DO VIVEIRO DO MONTE ALBA

Foto del mirador del monte Cepudo

O cumio do Cepudo

O Cepudo é o cumio máis alto do Concello de Vigo. O seu contorno sustenta un dos miradoiros con mellores perspectivas de visión da comarca, xunto cos montes Pozos, Alba, Galiñeiro e os da banda da ría. A degradación que sufría este cumio e as dificultades para o acceso de persoas con mobilidade reducida facían pouco atractivo a súa estancia; por elo, a Comunidade de Montes dispuso a actuación que se inaugura e coa que esperamos dar cumprida resposta a todas as persoas que se acheguen ate este lugar a disfrutar da paisaxe e a natureza.

As novas instalacións de telecomunicacións, de marcado avance tecnolóxico, forman parte dunha iniciativa de mellora das obsoletas, que xa foron derrubadas. Nestas novas instalacións –edificio e mastro- emprázanse os servizos básicos de telecomunicacións e de seguridade do Concello de Vigo, tales son as coberturas para a Policía Local, Bombeiros e a regulación do alumeado. Tamén hai que destacar, ademais destes servizos que coordina e presta a empresa concesionaria, AUTRONIC, os que teñen que ver con radio, televisión dixital, wimax-internet, transporte de sinales, sistemas de comunicación DMR, etc.

Por outra banda, non podiamos deixar de mencionar a labor que desenvolven as cámaras de gravación instaladas no mastro e edificio para a vixilancia do cumio e seguridade das instalacións e -sobre todo- para a loita contra o lume, xa que unha delas é a que detecta focos iniciais de lumes no contorno de 40 kilómetros de diámetro. A modo de exemplo diremos que no pasado verán foron detectados, dende a súa posta en servizo, todos os focos iniciais habidos nos meses de agosto e setembro e que evitaron a destrución da masa forestal en varios lugares e parroquias do contorno da comarca de Vigo.

Pero se as actuacións salientadas ate agora son importantes, para a nos, para a Comunidade de Montes de Valladares, é tamén moi importante potenciar o feito cultural ARTE E NATUREZA e, dende logo tamén, a presenza da muller no desenvolvemento e participación en todo o que ten que ver coa xestión do monte veciñal e, mesmo, polo que representa o incremento de esculturas do chamado ROTEIRO DAS ESCULTURAS. Así pois, dúas novas esculturas se engaden a este roteiro: a primeira denominada ILEX ou MACHADO, témola aquí a veira nosa, da que é autora a italiana Antonella Tiozo; a segunda, que se topa no cumio do monte, no miradoiro, chámase PAISAGEM Nº 4, da que é autora a escultora portuguesa Filomena Almeida. Estas esculturas foron creadas no SEGUNDO SIMPOSIO INTERNACIONAL DE ESCULTURAS, realizado no ano 2008 polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares.

O custe económico alcanzado na obra civil destas tres actuacións ascende a cantidade de 126.200 euros, con cargo aos presupostos da Comunidade de Montes, a excepción de 30.000 euros que forman parte da subvención aprobada pola Deputación Provincial de Pontevedra, achega que agradecemos publicamente.

A COMUNIDADE DE MONTES DE VALLADARES.