COMUNICADO DA XUNTA RECTORA SOBRE O ACCIDENTE CICLISTA DO 4 DE SETEMBRO

COMUNICADO QUE FAI PÚBLICO A XUNTA RECTORA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE VALLADARES, APROBADO NA REUNIÓN DA XUNTA RECTORA CELEBRADA O DÍA 8 DE SETEMBRO DOS CORRENTES

1º.- Dende a CCMM de Valladares, lamentamos profundamente o desgraciado accidente de bicicleta acontecido o pasado xoves no noso monte.

2º.- A Comunidade de Montes non realizaba traballos na zona do accidente, dende fai máis de un ano, e descoñece a forma en que se produxo a caída do ciclista e a orixe da pedra á que os ciclistas achacan ó accidente; se pertencía ou non o camiño de forma natural, ou en caso contrario quen puido colocala nese lugar.

3º.- Ningún clube ciclista se puso en contacto con esta directiva nunca para solicitar autorización ou notificarnos que usaban un circuito de descenso polo monte Alba.

4º.- Debido a que hai unha investigación policial en curso, non emitiremos suizos ou declaracións a maiores que poidan enturbiar un tema tan delicado a espera de que se esclareza o sucedido o antes posible.

 

A XUNTA RECTORA

 

 

 

Apertura de prazos para a presentacion de proxectos apicolas e recuperacion do invernadoiro do Alba

Ata o 15 de setembro deste ano, queda aberto o prazo para presentar proxectos de aproveitamento apícola e para a restauración do invernadoiro do Alba. As bases as podedes descargar nesta páxina e podedes presentar os proxectos nas nosas oficinas do CVCV de Valladares ou via correo electrónico (cmv@montesvalladares.com). Enviarnos o voso CV e máis as ideas que querades desenrolar, e como involucraderíades a Comunidade de Montes no voso proxecto.

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS APÍCOLAS

BASES PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DO VIVEIRO DO MONTE ALBA

Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Valladares

Dende a Asamblea Xeral Ordinaria do 24 de marzo do 2014, a xunta rectora da Comunidade de Montes de Valladares quedou formada polos seguintes comuneiros/as:

Presidenta: Rosa Isabel Figueroa

Vicepresidente primeiro: Enrique Pérez

Vicepresidente segundo: José Cabezas

Vicepresidente terceiro: Alvaro Figueroa

Secretaria: Beatriz Figueroa

Vicesecretaria: Yolanda Troncoso

Tesoureira: Begoña Rodriguez

Contadora: Belarmina Otero

Vogales:

Marcelino Figueroa

Mercedes Comesaña

Antonio Villar

Albino Freiría

Gonzalo Alonso

Amparo Cabezas

Modesto Novoa

Elena Pérez

José Piñeiro

Manuel Posada

Elena Martínez

Foto de parte de la Junta directiva de la Comunidad Vecinal de Montes en Man Común de Valladares en el año 2013

 

Tres décadas de loita comuneira

Noticia publicada en Faro de Vigo con motivo da celebración do 30 aniversario da fundación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Valladares.

Acceso a la noticia en la web de Faro de Vigo.

XXX aniversario de la Comunidad de Montes de Valladares

Toda la riqueza del montes en nuestras manos

PROGRAMA XXX  ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN DA COMUNIDADE DE MONTES DE VALLADARES

Toda a riqueza do monte

DÍA DO COMUNEIRO/A  NA CASA COMUNAL. Monte Alba

– Día: 11 de Setembro. Domingo.

– Hora: 11,00  horas.

  • Proxección do vídeo histórico “O MONTE É NOSO”.
  • Presentación do PROGRAMA “RECUPERACION DO INVERNADOIRO E CHAN DO RIO SECO”. Por Carlos Camino Soutullo. Capataz Agrícola. Permacultor.
  • Actuación da Orquestra Ce-Pantasma coa compaña dun servicio de aperitivo aos comuneiros/as  presentes.

 

ACTO CENTRAL.– Auditorio do Centro Veciñal e Cultural

– Día: 16 de Setembro. Venres.

– Hora: 20,30 horas.

  • Momento de Recoñecemento a Primeira Xunta Rectora Constituinte da Comunidade de Montes e aos Expresidentes.
  • Concerto extraordinario da Unión Musical de Valladares.

 

MESA REDONDA NA CASA DOS MONTES. Adro.

– Día: 24 de Setembro. Sábado.

– Hora: 20,30 horas.

TEMA: “Toda a riqueza do monte nas nosas mans”.

Participan:

  • Xosé Alfredo Pereira. Presidente da ORGMVMC.
  • Carlos Camino Soutullo. Capataz Agrícola. Permacultor.
  • Xavier Simón Fernández. Profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.
  • Patricia Pereira. Enxeñeira T. de Montes. Técnica da Comunidade de Montes de Valladares.
  • Delio Guisande Alonso. Secretario da Comunidade de Montes.

Modera: Tere Ramilo. Responsable do Programa “O Montes nas nosas máns”.

ROTEIROS MUSICAIS E CULTURAIS NOS MONTES ALBA-CEPUDO, POZOS E SOBREIRA.

Roteiro Parque Forestal dos Pozos

– Día: 18 de Setembro. Domingo.

– Hora: 10,30 horas.

– Dificultade: Mínima.

  • Saída do Parque Forestal dos Pozos con retorno ao mesmo parque e percorrido acompañados polo expresidente de montes Isidro Piñeiro Pérez e polo capataz agrícola Carlos Camino Soutullo, con paradas nas áreas de FONTES e HUMEDAIS.
  • A continuación Concerto na Lagoa do Parque Forestal a cargo do Quinteto de Madeira e dúo Fagot/Chelo da Unión Musical de Valladares (REPERTORIO 1). Hora aproximada: as 12,30 horas.

 

Roteiro Fontefría. Monte Sobreira.

– Día: 25 de Setembro. Domingo.

– Hora: 10,30 horas.

– Dificultade: Media.

  • Saída da chan do Instituto da Sobreira, con percorrido acompañados polo arqueólogo Xulio Fernández Pintos, con visita a Mámoa Sobreira do monte da Sobreira e polo Responsable do Monte Comunal, José Cabezas, para a visita e recoñecemento dos lindes co monte de Zamáns e Beade.
  • A continuación Concerto no Monte Sobreira a cargo do Quinteto de Madeira e dúo Fagot/Chelo da Unión Musical de Valladares (REPERTORIO 2). Hora aproximada: as 12,30 horas.

 

Roteiro das Esculturas. Monte Alba-Cepudo.

– Día: 2 de Outubro. Domingo.

– Hora: 10,30 horas.

– Dificultade: Media.

  • Saída da CHAN DAS ESCULTURAS con percorrido polo Roteiro das Esculturas acompañados polo expresidente de montes Isidro Costas Piñeiro.
  • A continuación Concerto “Diálogos musicais entre os montes Alba-Cepudo”, interpretado nos montes Alba e Cepudo, dirixido polo maestro Enrique Lorenzo, director da Banda de Música de Matamá. Hora aproximada: as 12,30 horas.

 

MISA POLAS COMUNERIAS/OS FALECIDOS.

– Día: 8 de Outubro. Sábado.

– Hora: 20,00 horas.

  • Acto relixioso solemne cantado por Coral.

 

ASEMBLEA DE COMUNERIAS/OS.

– Día: 9 de Outubro.

– Hora: 10,30 horas en segunda convocatoria.

 

En Valladares-Vigo, a 1 de agosto de 2011.

 

A XUNTA RECTORA.

MANIFIESTO DE LA JUNTA RECTORA

INAUGURACIÓN MIRADOR DEL CEPUDO

MANIFESTO DA XUNTA RECTORA DA C.M. DE VALLADARES NO ACTO DE INAUGURACIÓN DO MIRADOIRO DO CEPUDO

Autoridades, entidades comunais, entidades parroquiáis, veciños e veciñas, comuneiros e comuneiras:

Este manifesto está sendo lido desde este aparello chamado “tableta” ou “ipad” conectado a Páxina Web de Montes a través de wifi con cobertura no contorno do parque forestal, grazas as instalacións de telecomunicacións existentes. Dito esto.

Para comezar, queremos darvos as grazas a todos e a todas pola vosa presencia neste acto, un acto que de xustiza é lembrar en primeiro lugar a todas as Xuntas Rectoras, que viñeron xestionando o monte de Valladares dende a súa constitución como Comunidade de Montes e mesmo subliñar as grandes aportacións das que brevemente imos describir na figura dos presidentes de cada unha delas.

A Orencio Ramilo Comesaña, por ser quen de conseguir en 1981 a constitución da Comunidade e a clasificación do MONTE COMUNAL no ano 1983; a Isidro Costas Piñeiro, pola súa contribución na mellora da riqueza forestal autóctona, recuperación de patrimonio forestal e  converter o espazo Alba-Cepudo nun ente cultural aportando ao monte o PRIMEIRO SIMPOSIO INTERNACIONAL DE ESCULTURAS; ao desaparecido Florentino Ramilo Costas, por ser quen de recuperar ESPAZOS DEGRADADOS e mellorar o medio forestal, e, por último, a Isidro Piñeiro Pérez pola recuperación dos mananciais de augas aflorantes, pola súa loita contra os incendios e a elaboración e posta en marcha do PLAN DE ORDENACIÓN DO MONTE. Grazas a eles e a cantos con eles estiveron traballando.

As palabras teñen máis significado cando reafirman o dito co feito, logo de que nos ensinan camiños por onde transcorrer as nosas vidas e mesmo mellorar as dos nosos semellantes; por elo, hoxe, con estas palabras, pretendemos pechar o axioma que estamos a expor, e dicimos e afirmamos que seguimos poñendo en valor este recuncho de Vigo con tres novas actuacións, ao tempo que pretendemos mellorar a calidade de vida dos veciños de Valladares, os de Vigo e os da súa comarca; e mesmo dar razóns para pensar que todos temos armas e argumentos para loitar contra a crise que nos envolve.

As novas instalacións de telecomunicacións, de marcado avance tecnolóxico, forman parte dunha iniciativa de mellora das obsoletas, que xa foron derrubadas. Nestas novas instalacións –edificio e mastro- emprázanse os servizos básicos de telecomunicacións e de seguridade do Concello de Vigo, tales son as coberturas para a Policía Local, Bombeiros e a regulación do alumeado. Tamén hai que destacar, ademais destes servizos que coordina e presta a empresa concesionaria, AUTRONIC, os que teñen que ver con radio, televisión dixital, wimax-internet, transporte de sinales, sistemas de comunicación DMR, etc.

Por outra banda, non podiamos deixar de mencionar a labor que desenvolven as cámaras de gravación instaladas no mastro e edificio para a vixilancia do cumio e seguridade das instalacións e -sobre todo- para a loita contra o lume, xa que unha delas é a que detecta focos iniciais de lumes no contorno de 40 kilómetros de diámetro. A modo de exemplo diremos que no pasado verán foron detectados, dende a súa posta en servizo, todos os focos iniciais habidos nos meses de agosto e setembro e que evitaron a destrución da masa forestal en varios lugares e parroquias do contorno da comarca de Vigo.

O Cepudo é o cumio máis alto do Concello de Vigo. O seu contorno sustenta un dos miradoiros con mellores perspectivas de visión da comarca, xunto cos montes Pozos, Alba, Galiñeiro e os da banda da ría. A degradación que sufría este cumio e as dificultades para o acceso de persoas con mobilidade reducida facían pouco atractivo a súa estancia; por elo, a Comunidade de Montes dispuso a actuación que hoxe se inaugura e coa que esperamos dar cumprida resposta a todas as persoas que se acheguen ate este lugar a disfrutar da paisaxe e a natureza.

Pero se as actuacións salientadas ate agora son importantes, para a nos, para a Comunidade de Montes de Valladares, é tamén moi importante potenciar o feito cultural ARTE E NATUREZA e, dende logo tamén, a presenza da muller no desenvolvemento e participación en todo o que ten que ver coa xestión do monte veciñal e, mesmo, polo que representa o incremento de esculturas do chamado ROTEIRO DAS ESCULTURAS. Así pois, dúas novas esculturas se engaden a este roteiro: a primeira denominada ILEX ou MACHADO, témola aquí a veira nosa, da que é autora a italiana Antonella Tiozo; a segunda, que se topa no cumio do monte, no miradoiro, chámase PAISAGEM Nº 4, da que é autora a escultora portuguesa Filomena Almeida. Estas esculturas foron creadas no SEGUNDO SIMPOSIO INTERNACIONAL DE ESCULTURAS, realizado no ano 2008 polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares, a quen lles agradecemos a colaboración que nos presta neste acto. Tamén aproveitamos estes momentos para dar as grazas a Directiva das Festas do Alba que colaboran con nos neste evento.

O custe económico alcanzado na obra civil destas tres actuacións ascende a cantidade de 128.000 euros, con cargo aos presupostos da Comunidade de Montes, a excepción de 30.000 euros que forman parte da subvención aprobada pola Deputación Provincial de Pontevedra, achega que agradecemos publicamente.

Pero a máis deste custe económico hai un custe importante referido á xestión realizada. Nada se faría se toda a Xunta Rectora non empuxara a reo polo proxecto. As dificultades, pequenas e non tan pequenas, que soportamos en todo este tempo foron superadas grazas a forza dos comuneiros e comuneiras, que esta Xunta Rectora ten detrás. Unha persoa é insignificante, e dicir, pouco pode facer por si mesma; un pobo pode converterse nunha marea capaz de mover arreo estas dificultades. Esperemos que se teña en conta o sentido desta afirmación levada ao ameto desta Comunidade.

Rematamos dicindo que aínda queda moito por facer e mellorar na xestión do monte veciñal, que os comuneiros e comuneiras somos quén de poñer en valor o monte para servir a sociedade no seu conxunto; cumprimos maiormente unha FUNCIÓN PÚBLICA e acometemos actuacións de carácter xenérico e solidario con toda a poboación que o precise. Pero todo o antedito non sería suficiente sen aclarar e dicir que NON estamos dispostos a perder os dereitos xermánicos de propiedade que nos son de raíz, que nos son de seu, e, sen ningunha dúbida, defenderemos este dereitos, con todas as forzas, si alguén pretende arrapañar tales dereitos.

Moitas grazas pola atención e que agraden as actuacións realizadas.

Marzo 2011.

A COMUNIDADE DE MONTES DE VALLADARES.

Foto del mirador del monte Cepudo

O cumio do Cepudo

O Cepudo é o cumio máis alto do Concello de Vigo. O seu contorno sustenta un dos miradoiros con mellores perspectivas de visión da comarca, xunto cos montes Pozos, Alba, Galiñeiro e os da banda da ría. A degradación que sufría este cumio e as dificultades para o acceso de persoas con mobilidade reducida facían pouco atractivo a súa estancia; por elo, a Comunidade de Montes dispuso a actuación que se inaugura e coa que esperamos dar cumprida resposta a todas as persoas que se acheguen ate este lugar a disfrutar da paisaxe e a natureza.

As novas instalacións de telecomunicacións, de marcado avance tecnolóxico, forman parte dunha iniciativa de mellora das obsoletas, que xa foron derrubadas. Nestas novas instalacións –edificio e mastro- emprázanse os servizos básicos de telecomunicacións e de seguridade do Concello de Vigo, tales son as coberturas para a Policía Local, Bombeiros e a regulación do alumeado. Tamén hai que destacar, ademais destes servizos que coordina e presta a empresa concesionaria, AUTRONIC, os que teñen que ver con radio, televisión dixital, wimax-internet, transporte de sinales, sistemas de comunicación DMR, etc.

Por outra banda, non podiamos deixar de mencionar a labor que desenvolven as cámaras de gravación instaladas no mastro e edificio para a vixilancia do cumio e seguridade das instalacións e -sobre todo- para a loita contra o lume, xa que unha delas é a que detecta focos iniciais de lumes no contorno de 40 kilómetros de diámetro. A modo de exemplo diremos que no pasado verán foron detectados, dende a súa posta en servizo, todos os focos iniciais habidos nos meses de agosto e setembro e que evitaron a destrución da masa forestal en varios lugares e parroquias do contorno da comarca de Vigo.

Pero se as actuacións salientadas ate agora son importantes, para a nos, para a Comunidade de Montes de Valladares, é tamén moi importante potenciar o feito cultural ARTE E NATUREZA e, dende logo tamén, a presenza da muller no desenvolvemento e participación en todo o que ten que ver coa xestión do monte veciñal e, mesmo, polo que representa o incremento de esculturas do chamado ROTEIRO DAS ESCULTURAS. Así pois, dúas novas esculturas se engaden a este roteiro: a primeira denominada ILEX ou MACHADO, témola aquí a veira nosa, da que é autora a italiana Antonella Tiozo; a segunda, que se topa no cumio do monte, no miradoiro, chámase PAISAGEM Nº 4, da que é autora a escultora portuguesa Filomena Almeida. Estas esculturas foron creadas no SEGUNDO SIMPOSIO INTERNACIONAL DE ESCULTURAS, realizado no ano 2008 polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares.

O custe económico alcanzado na obra civil destas tres actuacións ascende a cantidade de 126.200 euros, con cargo aos presupostos da Comunidade de Montes, a excepción de 30.000 euros que forman parte da subvención aprobada pola Deputación Provincial de Pontevedra, achega que agradecemos publicamente.

A COMUNIDADE DE MONTES DE VALLADARES.

Inauguración del mirador del Cepudo

El 26 de marzo, sábado, a las 12 horas, se procederá a la inauguración del nuevo MIRADOR DEL CEPUDO, con presencia de autoridades locales y provinciales.

Animará esta inauguración el grupo de gaitas ATURUXO del Centro Vecinal y Cultural de Valladares. Al finalizar el acto se servirá a las autoridades y comuneros/as presentes un vino gallego.

Además de las nuevas instalaciones de telecomunicaciones, en el nuevo mirador del monte Cepudo se ha dotado de nuevos accesos, limpieza de los viejos mástiles y acondicionamiento de la cima, con instalación de ESCULTURAS de granito que completan la llamada RUTA DE LAS ESCULTURAS del monte Alba y Cepudo.