A Comunidade

Vigo, situado na comunidade autónoma de Galicia, é un municipio pegado o mar, sua cara norte forma parte da ría que leva o seu nome. O resto da contorna a circundan pequenas elevacións poboadas de vexetación que conforman os montes en man común e os privados, pertencentes as parroquias administrativas que están no periurbán do Concello.

Unha de estas parroquias, a parroquia de Valladares, situada o suroeste do concello, dispón dun importante patrimonio de Monte Veciñal en Man Común administrado polos comuneiros/as da zona. Abarca unha superficie total de 293,74 hectáreas divididas en tres parcelas: MONTE ALBA, MONTE POZOS e MONTE SOBREIRA.

O monte Alba, xunto co monte Cepudo, constitúen un único conxunto de dúas alturas que conforman o teito do conello de Vigo. Ubicados próximos un do outro na marxen suroeste, permiten dende o seu cumio contemplar todo o concello de Vigo e arredores. A súa estructura xeográfica, pendentes, microclima e acesos, así como a proximidade ós núcleos de poboación, son factores que determinan o seu elevado número de visitantes. No cumio do Ceputo está ubicado un parque forestal.

No monte Pozos se atopa un dos parques forestais máis imortantes do Concello de Vigo e o monte Sobreira é o máis importante en vexetal madeirable.

Dende esta páxina queremos facer presente este anaco de terra para que se coñeza, se visite e se disfrute, e que entre todos os seus lexítimos donos e visitantes, podamos conservala nas mellores condicións para que a herden as xeracións vindeiras.

Obxeto

Información sobre o cometido da Comunidade.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies