O día 13 de setembro de 1981 tivo lugar a firma do Acta de Constitución da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de Valladares.

O anuncio do Xurado Provincial de Montes en Man Común, sede do que foi o Goberno Civil de Pontevedra, foi publicado no Boletín Oficial da Provincia en data 13 de xaneiro de 1982,  no que se acorda en sesión do 26 de novembro de 1981, iniciar os trámites para a clasificación dos montes veciñais en man común das parroquias de Vigo.

A clasificación dos montes como comunais rixiuse pola Lei Estatal de Montes Veciñais en Man Común do ano 1980, na que o 75 por cento dos veciños comuneiros deberían ratificar ca súa firma a aceptación de tal recuperación.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común con sede no que foi o Goberno Civil de Pontevedra concedeu a resolución de clasificación dos montes da parroquia de Valladares denominados “Fonte Fría, Zondal e outros” como montes en man común en data de 21 de abril de 1983. Ocupaban naquel momento un total de 293.74 hectáreas divididas en tres parcelas; a primeira delas se chama MONTE ALBA, con 175.37 hectáreas, a segunda leva por nome MONTE POZOS de 44.79 hectáreas, e a terceira se chama MONTE SOBREIRA de 73,60 hectáreas.

Contra esta resolución o Concello de Vigo presentou recursos que foron rechazados en datas de 29 de novembro de 1989 e 20 de xaneiro de 1992, cando se desestima a apelación na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Justicia de Galicia.

A Comunidade de Montes parte desde ese momento ca propiedade dun patrimonio moi importante, tanto natural, como arqueolóxico, etnográfico, económico, etc.; investindo os sus ingresos en recursos necesarios e no beneficio do monte e de toda a parroquia.

Entre os investimentos reseñables realizados, ademáis do aportado para a conservación e coidado do monte, foron a adquisición do inmueble do Baile, a cesión de terreos para a construcción do Cemiterio Particular de Valladares, a cesión de terrenos para a construcción do Centro de Enseñanza Infantil e Primaria da Sobreira e do Instituto de Enseñanza Secundaria de Sobreira, adquisición de terreos no entorno do novo Centro Cultural, adquisición de terreos para actos socioculturais nos barrios de Carregal, Freixo e Igrexa, as cesións de terreos para parques forestais en Cepudo e Pozos, as cesións para depósitos de auga para acometidas de auga potabel para os barrios de Sobreira e Garrida e para o Servizo Municipal de Augas de Vigo.

Foi o primeiro presidente da Comunidade de Montes Orencio Ramilo Comesaña, quen tomou posesión o día 21 de octubro de 1986. O día 27 de xuño de 1987, aprobáronse os primeiros estatutos e quedou establecido o censo inaugural de comuneros.

O 31 de mayo de 1993 preside a Comunidade Isidro Costas Piñeiro, quen foi elexido en asemblea de data 18 de abril de 1993, membro tamén de la xunta rectora anterior, sendo vicepresidente Julián Alonso Rodríguez. Tivo grande interés polo patrimonio arqueolóxico e etnográfico, pero con esta experiencia tamén se agudizou a súa sensibilidade de cara a natureza e foi capaz de xestionar adecuadamente o falso túnel da autoestrada do Val Miñor. Primeiro como vogal, logo como vicepresidente e, finalmente como presidente, Isidro estivo sempre rodeado da misma xente, e en términos xerales, sempre seguiron a misma liña.

Florentino Ramilo Costas foi o seguinte Presidente, elexido en asamblea Xeral de 20 de maio de 2001. Xa viña traballando no movemento asociativo da parroquia e tamén como directivo da Comunidade dende fai moitos anos. Florentino Ramilo morreu no ano 2006, sendo vicepresidenta da Comunidade de Montes que preside Isidro Piñeiro Pérez.

Dende o 29 de xuño de 2003, Isidro Piñeiro Pérez toma a presidencia da Comunidade, antes fora xestor do Centro Veciñal e Cultural. O 17 de novembro de 2003, procedeuse a reforma e adaptación dos Estatutos a nova LEI DE MONTES. Co fin de acometer a loita efectiva contra o lume no monte, a súa xunta rectora acorda conveniar programas de actuación conxunta cas comunidades de montes de Zamáns e Coruxo, limítrofes co monte de Valladares.

Nesta etapa se elabora e se acorda o PLAN DE ORDENACIÓN DO MONTE e se pon en práctica o desenrolo do mesmo.