Artigos 17 e 18 dos Estatutos

DEREITOS DOS VECIÑOS/AS COMUNEIROS/AS

  1. Ademais dos que resulten dos restantes preceptos de estos Estatutos e da lexislación de montes veciñais en man común, son dereitos dos comuneiros/as:
    • Participar na administración, control e goberno da Comunidade, se fose elixido membro da Xunta Rectora
    • Dereito a información de todos aqueles datos relativos a marcha da Comunidade que lle interese coñecer, a través da lectura de todo o relativo a Comunidade, no domicilio social da mesma e asistido polo Secretario ou persoa delegada por este como depositario da documentación, así como formular os reparos que teña convinte nas deliberacións dos órganos de goberno.
    • Participar nos aproveitamentos directos e gratuítos, de acordo cas normas sinaladas pola Asemblea Xeral.
    • Explotar no seu caso parcelas do monte veciñal, conxunta ou individualmente na forma que regula a Lei 13/1989, de 10 Outubro, do Parlamento Galego, previo acordo que o legalice, tomado na Asemblea Xeral.
    • Traballar na explotación do monte, se esta fose unha das metas, co fin de evitar as medidas de protección e xestión cautelar a que se refiere o artigo 24 e seguintes do citado texto 13/1989, de 10 de Outubro.
  2. Todos os demais que se deriven da sua condición de comuneiro/a e, especialmente, exercitar o dereito o voto para elexir os membros da Xunta Rectora e decidir o resultado nas Asembleas Xerais.

OBRIGAS DOS VECIÑOS/AS COMUNEIROS/AS

Ademais das que resulten da aplicación da lexislación de montes veciñais en Man Común, dos presentes estatutos, e do desenrolo dos Acordos da Comunidade, determinados pola Asemblea Xeral ou a Xunta Rectora, dentro do ámbito da sua respectiva competencia, son obrigas de todos os/as comuneiros/as:

  • Cumprir fielmente os preceptos da lexislación de montes veciñais en man común, de estos Estatutos e dos acordos que emanen da Asemblea Xeral e da Xunta Rectora.
  • No suposto de afrontar a Asemblea Xeral a explotación directa do monte, efectuar as contribucións obrigatorias na cuantía e modo que pola mesma se fixen, pero suxeitándose a un plan racional de explotación do monte.
  • Desempeñar con toda dilixencia os cargos da Xunta Rectora ou calquera outro para o que fose precisado ou elexido.
  • Asistir as reunións as que fora convocado na debida forma.
  • No caso de explotación directa do monte, ben por toda a comunidade ou ben na forma asociativa que se determine, poñer a máxima dilixencia nas suas funcións e labores que teña encomendadas.
  • No caso de cesión de uso de parcelas derivadas do monte veciñal en man común, suxeitarse estrictamente a normas que o efeto establece a Lei de 10 Outubro de 1989, do Parlamento Galego, as que dicte o Reglamento e, en definitiva, a todos os preceptos que lle sean aplicables