Foto de parte de la Junta directiva de la Comunidad Vecinal de Montes en Man Común de Valladares en el año 2013

 

1.- ADMINISTRACIÓN E ORGANIZACIÓN.

1.1.- COMPOSICIÓN

  • RESPONSABLE: Rosa Isabel Figueroa
  • SECRETARIO: Beatriz Figueroa
  • XESTOR: Carlos Alonso Piñeiro
  • ASESORÍA XURÍDICA:Beatriz Figueroa
  • VOGAIS: Belarmina Otero, Begoña Rodriguez

1.2.- COMPETENCIAS

  • Velar polo cumplimento das leis relacionadas ca administración do monte e polos Estatutos da Comunidade.
  • Establecer, xunto co Presidente, o calendario de reunións da Xunta Rectora, regulando o lugar, día e horas das reunións, así como establer a orde do día con antelación.
  • Comunicación a Xunta Rectora do día e hora de todas as reunións, tanto as do pleno como as das distintas AREAS DE XESTION.
  • Establecer, Xunto co Presidente, a orde do día das Asembleas da Comunidade, previa propuesta definitiva da Xunta Rectora, e tamén establecer día e hora da Asemblea.
  • Levantar acta de todas as reunións da Asemblea e Xunta Rectora da Comunidade e solicitar as actas das demais reunións das Areas de Xestión, que serán levadas nos seus libros correspondentes.
  • Ser depositario e velar pola seguridade da documentación administrativa, económica e contractual da Comunidade.
  • Velar pola vixencia dos censos da Comunidade.
  • Expedir a quen proceda documentos da Comunidade, así como remitir a administración aquela documentación requerida os efectos de xestión de subvencións e respostas a notificacións, requerimentos e recursos.
  • Establecer con carácter estable os locais precisos para o desenrolo da xestión administrativa da Comunidade e o arquivo de toda a documentación de Montes.
  • Presentación a Asaemblea Xeral de propostas de admisión de novos comuneiros, de imposición de períodos de carencia ou cuotas de ingreso; de imposición de sancións e de suspensión ou separación de veciños-comuneiros.
  • Estudar e propoñer, previa solicitude, o ingreso na Comunidade de novos comuneiros, dando alta automática a aqueles que o foran xa con anterioridade e perderan a súa condicion de comuneiro por incumprimento do artigo 4º, apartado e); dando coñecemento das citadas altas a Asemblea Xeral, para a súa ratificación, e expoñer as demáis solicitudes para a súa aprobación.
  • Abrir expediente a comuneiros que infrinxan el artigo 4º, apartados a) e b).
  • Realizar os contratos de persoal ó servizo da Comunidade, así como tramitar as altas e baixas na Seguridade Social e demais organismos oficiais.
  • Elaboración dunha páxina Web orientada a difundir a organización e información da Comunidade.

2.- ECONOMÍA E PRESUPOSTOS.

2.1.- COMPOSICIÓN

  • RESPONSABLE: Begoña Rodriguez
  • SECRETARIO: José Cabezas
  • ASESORÍA XURÍDICA: Beatriz Figueroa
  • VOGAIS:Marcelino Figueroa, Manolo Posada

2.2.- COMPETENCIAS.

  • Realizar un PLAN ECONÓMICO elaborado coordinadamente cas demais areas de xestión.
  • Realizar, xunto co Presidente e Secretario, os presupostos anuais da Comunidade.
  • Levar os libros contables de acordo ca lexislación vixente.
  • Realizar, xunto co Presidente e Secretario, os pagos e ingresos necesarios para o funcionamento da Comunidade, establecendo os procedementos e criterios que favorezan a economía da Comunidade.
  • Establecer as relacións cas entidades bancarias no que se refiere a apertura de contas e movementos de cartos.
  • Levar a relación de provedores, clientes e usuarios así como o control de productos, materias, abastecementos e servicios que se podan adquirir o entregar mediante facturas, recibos e albaráns.
  • Dar conta a Xunta Rectora e Asemblea da situación económica da Comunidade.
  • Ser depositario dos fondos económicos da Comunidade, levando os libros contables da mesma e responsabilizándose de controlar os recursos monetarios. Unirá a sua firma a do Presidente e a do  Secretario nas contas bancarias da Comunidade.

3.- PATRIMONIO E CONTRATACIÓN.

3.1.- COMPOSICIÓN

  • RESPONSABLE: Alvaro Figueroa, José Cabezas
  • SECRETARIO: Enrique Pérez
  • ASESORÍA XURÍDICA: Beatriz Figueroa
  • VOGAIS: Elena Pérez, Amparo Cabezas

3.2.- COMPETENCIAS.

  • PATRIMONIO.
    • Elaborar o CENSO PATRIMONIAL de acordo cas seguintes características:
    • Superficie e localización do monte clasificado pola resolución do Xurado Provincial.
    • Adquisición de parcelas en zonas anexas o monte.
    • Adquisición de parcelas fora dos enclaves do monte.
    • Patrimonio inmobiliario existente nos enclaves do monte.
    • Patrimonio inmobiliario existente fora dos enclaves do monte.
    • Elaborar un informe de uso e utilización actualizado do patrimonio da Comunidade.
    • Clasificar documentalmente e cartográficamente o patrimonio da Comunidade.
    • Dixtalizar ou informatizar toda a documentación patrimonial da Comunidade.
  • CONTRATACIÓN.
    • Elaborar unha relación actualizada DE CONTRATOS que teñan que ver ca explotación dos recursos do monte.
    • Elaborar unha relación de convenios subscritos con entidades para o uso do patrimonio da Comunidad.
    • Elaborar unha relación de convenios subscritos con empresas, entidades ou particulares vinculados con actividades no monte.
    • Realizar, xunto co Presidente e Secretario, todo tipo de contrato que teña que ver ca explotación de recursos do monte.
    • Realizar, xunto co Presidente e Secretario, todo tipo de contratos ou convenios que teñan que ver co patrimonio inmobiliario e/ou parcelas fora dos enclaves do monte.

4.- RECURSOS, ORDENACIÓN E SEGURIDADE DO MONTE.

4.1.- COMPOSICIÓN

  • RESPONSABLE: José Cabezas
  • SECRETARIO: Antonio Villar
  • ASESORÍA XURÍDICA: Beatriz Figueroa
  • VOGAIS: Enrique Pérez, Mercedes Comesaña

4.2.- COMPETENCIAS.

4.2.1.- RECURSOS DO MONTE.

  • Elaboración do presuposto de gastos de material vexetal, productos de sembrado, tratamentos, abonado e rego.
  • Elaboración do censo de maquinaria e ferramenta agrícola.
  • Controlar a limpeza de todos os acesos o monte e retirada de arbolado caído e/ou enfermo.

4.2.2.- ORDENACIÓN DO MONTE

  • Estudos e proxectos paisaxísticos.
  • Elaboración do censo de especies arbóreas.
  • Clasificación do chan de acordo coa calidade da capa freática.
  • Distribución de especies e variedades optimizadas por calidade.

4.2.3.- SEGURIDADE DO MONTE

  • Plan de control de verquidos incontrolados
  • Plan de seguridade anti-incendios
  • Plan de control de gando alleo o monte.