Foto de la fuente de las Conchas

Descripción

Esta é unha das fontes máis utilizadas polas persoas que visitan o monte ou as que se acercan a recoller auga en envases para o consumo doméstico. O seu manantial o constitue o sobrante da acometida de augas para o barrio das Barrocas, que ten o seu nacente baixo o monte Cepudo.

Está ubicada na subida principal o Monte Alba no inicio das primeiras rampas e foi construida nos anos 70, no seu tempo libre, polo xa desaparecido Xosé Ramón Seoane, persoa que dediou gran parte da súa vida ás actividades sociais e culturais de Valladares. No seu honor figura unha inscripción na parte superior central que agradece o seu traballo e debaixo, noutro texto, reza unha das súas frases favoritas que dedica a auga.

O seu nome ven dado pola concha aberta de vieira construída en pedra do país que conforma o frontal, donde mana a fonte, e o leito base de recollida do sobrante.