Descripción

O parque forestal Monte dos Pozos situado no Monte dos Pozos, ó norte do Monte Alba.

O parque forestal do Monte dos Pozos ten unha superficie aproximada de 11 hectáreas e se sitúa na zoa chá do Monte dos Pozos entre varios montículos circundantes entre sí e ó norte del Monte Alba. Posee unha lagoa artificial, donde crían aves acuáticas e peixes de laguna, que circunda un destes montículos onde se situa un extraordinario mirador cara a ría de Vigo.

O seu acceso principal é a través da carreteira de Freixo dende o enlace ca carreteira de Valladares, no barrio da Igrexa.

Na parte superior deste parque está instalado o depósito para o abastecemento de auga de Valladares.

O arbolado é abundante e prevalecen os olmos, carballos americanos e autóctonos, bidueiros e pinos.

Polo que respecta ós servicios, posee unha área chá que se chamaba noutro tempo “A Chan do Cagalleiro” que hoxe se adica a zona de festivais; e, un pouco máis arriba, un espazo amplo de barbacoas e mesas para o servicio dos visitantes o aire libre. Tamén hai un parque infantil insertado na contorna.

Por último cabe destacar o restaurante chamado “Parque Forestal Montes dos Pozos” con instalacións de cafetería e amplas salas para comer, con especialidades de tapeo na terraza exterior. Rexenta o establecemento D. Paulino Costas Pérez a través de concesión da Comunidad de Montes.