Descripción

A estación de grabados rupestres coñecida como A Tomada dos Pedros foi descuberta en 1990 polo veciño de Matamá Juan Alonso Campos. Este afecionado a arqueoloxía ten no seu haber o descubrimento dun sinfín de petroglifos tanto na comarca do Fragoso como do Miñor,  Alvedosa (Pazos de Borbén), e incluso os célebres petroglifos de Gargamala (Mondariz). A década dos oitenta do pasado século foi unha época de gran actividade de prospección en pos do descubrimento de novos complexos rupestres, a súa conclusión conducindo no Sur da Ría de Vigo a multiplicación exponencial dos casos coñecidos. Este sistemático traballo de campo foi inicialmente levado a cabo por veciños de Matamá (Antonio Hermida García, Jesús Gómez Álvarez, o citado Juan Alonso Campos, e o que suscribe), todos eles afecionados, e a sazón colaboradores do Museo Municipal de Vigo, e que tivo seu colofón na publicación dun amplo catálogo de manifestacións rupestres localizadas no Sur da Ría de Vigo.

Más información

La estación de grabados rupestres de A Tomada dos Pedros (Valladares – Vigo), de Julio Fernández Pintos