logo-Montes

SOBRE OS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN: O QUE TODOS DEBEMOS SABER

Logo de la Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Valladares - Vigo

SOBRE OS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN

- O QUE TODOS DEBEMOS SABER-

Ante a inquietude que nalgúns comuneiros/as xeraron as opinións (a maior parte das veces disfrazadas de pretendida información manifestamente falsa) aparecidas nos últimos meses sobre a naturaleza xurídica dos Montes Veciñais en Man Común, o seu destiño e aproveitamentos, temos que recordar a seguinte información:

1- Os Montes Veciñais en Man Común non son montes públicos nin de uso público. Antes o contrario, son montes privados nos cales a súa lexítima propiedade pertence de forma exclusiva ós veciños comuneiros. Da misma forma en que os montes de particulares, colindantes ou enclavados no monte comunal, pertencen privada e privativamente ós seus titulares, quenes están igualmente vendo cómo se pretenden vulnerar os seus dereitos con tales manifestacións, e carecen dunha entidade ou voz pública que os defenda.

O Monte Veciñal en Man Común é de todos os comuneiros.

2- Os recursos forestais dos Montes Veciñais en Man Común, en toda a súa extensión comprensiva tanto de productos como de servicios do monte, non son públicos nin de uso público. Son propiedade exclusiva dos seus titulares: os veciños comuneiros.

Por elo, e debido ó interese mostrado por diversos entes municipais ou autonómicos para a procura de espazos de disfrute recreativo de monte aberto ó resto de ciudadanos, gran número de Comunidades de Montes Veciñais alcanzaron acordos con devanditos organismos para a creación de parques forestais abertos a tal uso recreativo por calquera persoa, sexa ou non veciño comuneiro, os cales se atopan debidamente senalizados.

3- As pistas forestais e camiños de servicio dos Montes Veciñais en Man Común non son públicos nin de uso público. Son estructuras adscritas á xestión agroforestal e ó servicio dos veciños e titulares de terreos colindantes ou enclavados no Monte Veciñal.

Igualmente, e en atención ó uso recreativo interesado por diversos entes e asociacións, gran número de Comunidades de Montes Veciñais, de forma conxunta ou individualizada, alcanzaron acordos cas administracións e entes organizadores para á habilitación de rutas (GR, PR, etc) destiñadas a tal uso recreativo por calquera persoa, as cales se atopan tamén debidamente senalizadas.

4- Como titular exclusiva dos servicios do seu monte, cada Comunidade de Montes Veciñais puede dispor libremente o destiño dos mesmos, así como conceder as autorizacións que estime oportunas para a práctica ou celebración de actividades e eventos de todo tipo que sexan compatibles co uso do monte, incluíndo os deportivos, sen que as mismas podan supor unha excusa para a realización de usos non específicamente autorizados ou por persoas no autorizadas.

INFO MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN (GALEGO)