Foto del mirador del monte Cepudo

La cima del Cepudo

O Cepudo é o cumio máis alto do Concello de Vigo. O seu contorno sustenta un dos miradoiros con mellores perspectivas de visión da comarca, xunto cos montes Pozos, Alba, Galiñeiro e os da banda da ría. A degradación que sufría este cumio e as dificultades para o acceso de persoas con mobilidade reducida facían pouco atractivo a súa estancia; por elo, a Comunidade de Montes dispuso a actuación que se inaugura e coa que esperamos dar cumprida resposta a todas as persoas que se acheguen ate este lugar a disfrutar da paisaxe e a natureza.

As novas instalacións de telecomunicacións, de marcado avance tecnolóxico, forman parte dunha iniciativa de mellora das obsoletas, que xa foron derrubadas. Nestas novas instalacións –edificio e mastro- emprázanse os servizos básicos de telecomunicacións e de seguridade do Concello de Vigo, tales son as coberturas para a Policía Local, Bombeiros e a regulación do alumeado. Tamén hai que destacar, ademais destes servizos que coordina e presta a empresa concesionaria, AUTRONIC, os que teñen que ver con radio, televisión dixital, wimax-internet, transporte de sinales, sistemas de comunicación DMR, etc.

Por outra banda, non podiamos deixar de mencionar a labor que desenvolven as cámaras de gravación instaladas no mastro e edificio para a vixilancia do cumio e seguridade das instalacións e -sobre todo- para a loita contra o lume, xa que unha delas é a que detecta focos iniciais de lumes no contorno de 40 kilómetros de diámetro. A modo de exemplo diremos que no pasado verán foron detectados, dende a súa posta en servizo, todos os focos iniciais habidos nos meses de agosto e setembro e que evitaron a destrución da masa forestal en varios lugares e parroquias do contorno da comarca de Vigo.

Pero se as actuacións salientadas ate agora son importantes, para a nos, para a Comunidade de Montes de Valladares, é tamén moi importante potenciar o feito cultural ARTE E NATUREZA e, dende logo tamén, a presenza da muller no desenvolvemento e participación en todo o que ten que ver coa xestión do monte veciñal e, mesmo, polo que representa o incremento de esculturas do chamado ROTEIRO DAS ESCULTURAS. Así pois, dúas novas esculturas se engaden a este roteiro: a primeira denominada ILEX ou MACHADO, témola aquí a veira nosa, da que é autora a italiana Antonella Tiozo; a segunda, que se topa no cumio do monte, no miradoiro, chámase PAISAGEM Nº 4, da que é autora a escultora portuguesa Filomena Almeida. Estas esculturas foron creadas no SEGUNDO SIMPOSIO INTERNACIONAL DE ESCULTURAS, realizado no ano 2008 polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares.

O custe económico alcanzado na obra civil destas tres actuacións ascende a cantidade de 126.200 euros, con cargo aos presupostos da Comunidade de Montes, a excepción de 30.000 euros que forman parte da subvención aprobada pola Deputación Provincial de Pontevedra, achega que agradecemos publicamente.

A COMUNIDADE DE MONTES DE VALLADARES.