Dáse a coñecer o PREGO DE CONDICIÓNS elaborado pola Asemblea de Comuneiros relativo á concesión do dereito de CESIÓN TEMPORAL sobre o RESTAURANTE DO MONTE ALBA. Durante un prazo de UN MES a partir da data da presente, os interesados poderán presentar na oficina de Montes do CVCV as súas propostas, en sobre pechado e facendo constar no exterior do mesmo o seu nome, DNI e datos de contacto.

PREGO DE CONDICIÓNS

1.-) O uso o que serán destinadas as instalacións non poderá ser outro
que o de bar – restaurante, quedando expresamente prohibida toda actividade
de pub, sa de festas, disco-bar, sa recreativa….. O horario de apertura ó
público estará comprendido entre as 10 ás 24 horas de domingo a xoves, e de
10 á 2 os venres e sábados.

2).- As propostas deberán conter o prazo para o que se solicita o
outorgamento do dereito, sendo o período mínimo de 10 anos e o máximo de
20 anos.

3).- O canon mínimo proposto na solicitude será de 6.000 € anuais
como mínimo, optándose, en igualdade do resto de condicións, pola proposta
que conteña a mellor oferta económica. Serán esixidas dúas anualidades en
concepto de fianza.

4).- Ante dúas solicitudes en igualdade de condicións, terán
preferencia os comuneiros/as fronte os que non o sexan, prevalecendo no
suposto de concorrencia de comuneiros, o máis antigo no censo.

5).- A proposta incluirá o compromiso de que, na medida do posible e
respectando a necesaria capacidade profesional axeitada, os postos de traballo
que xerados como consecuencia da actividade sexan ocupados por veciños
desta parroquia

6).- A proposta incluirá o compromiso expreso do adecuado
mantemento e limpeza das instalacións propias así como das asociadas ó uso
lúdico e recreativo que se fai nesta zona do Monte Alba e Chan das
Esculturas, tales como os aseos públicos e terraza. Igualmente haberanse de
adoptar as medidas e realizar as obras que resulten necesarias para garantir a
accesibilidade das persoas discapacitadas ós aseos públicos do local,
interiores e exteriores.

7).– Valorarase a presentación de proxectos ou descrición de medidas
que o propoñente se comprometa a adoptar para a mellora e adaptación do
aspecto exterior do restaurante e mobiliario de terraza ó entorno natural no
que se sitúa a instalación, así como calquera outra mellora do conxunto das
instalacións.

8).– A totalidade dos gastos e impostos derivados da actividade e
instalacións, así como a obtención de permisos e licencias necesarios para o
exercicio da actividade serán de conta do concesionario do dereito, quedando
este obrigado a cumprir as normas que regulan este tipo de establecementos.

9).- A Comunidade de Montes non se fai responsable dos danos e
prexuizos que poda sufrir o cesionario no caso de incencio, roubo,
vandalismo… asumindo este a obriga de presentar á Comunidade un seguro
que cubra estes riscos, así como a súa responsabilidade civil fronte a
terceiros.

10).- A totalidade das obras e instalacións que se realicen na
instalación deberán contar coa debida autorización da Xunta Rectora da
Comunidade de Montes e das administracións correspondentes, quedando as
mesmas en beneficio da Comunidade á finalización do contrato, sen que xere
ningún tipo de indemnización por tal concepto.